C@urel Vivo denuncia a "extrema precariedade" da atención primaria no Concello de Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
O luns publicouse no centro de saúde unha listaxe coas poucas horas nas que haberá atención médica en Seoane e en Folgoso durante outubro
veciños-Courel-protesta-centro-de-saúde
1 Out 2024

Óscar Carrete Lage, voceiro de C@urel Vivo, denuncia que durante este mes de outubro, os usuarios do centro de saúde só terán cinco días no mes de outubro para poder pedir cita no seu médico de cabeciceira.

Así, explica que o luns publicaron no centro de saúde unha listaxe coas poucas horas nas que haberá atención médica en Seoane e en Folgoso durante outubro. "De nada serviron as reiteradas queixas dos veciños. A cousa vai a peor", sostén o concelleiro.

"Ante esta situación de abandono asistencial", desde C@urel Vivo presentaron unha queixa ao defensor do paciente e outra á Valedora do Pobo denunciando a "extrema precariedade da atención primaria no Concello de Folgoso do Courel, e pedindo se restableza urxentemente o normal funcionamento dos dous centros de saúde".

Porque di que é "indignante que desde o Sergas se nos diga que non hai médicos cando anunciaron por todo o alto que conseguiran 200 novos médicos este ano. Que prioridades seguen á hora de cubrir as faltas? Nunha montaña a 1 hora do médico máis próximo, non lles parece suficiente para priorizar esa zona?", pregúntase Carrete.

0.18001103401184