Cruz Vermella retoma un obradoiro de estimulación cognitiva para maiores en A Teixeira

Cruz Vermella pon en marcha de novo o seu 'Obradoiro de Estimulación Cognitiva', unha actividade pensada para as persoas maiores do municipio de A Teixeira que busca traballar a memoria á vez que se promove un espazo de encontro e compañía.
O obradoiro terá lugar no local social da localidade todos os martes, en horario de 11.05 a 12.05 horas, e comezará o vindeiro 29 de setembro.
A iniciativa forma parte das actividades que Cruz Vermella destina ás persoas maiores na comarca, e conta coa colaboración do Concello de A Teixeira, que cede o espazo para a súa celebración.
As persoas interesadas en participar poden solicitar información e inscribirse a través de Cruz Vermella en Maceda-Allariz, no teléfono 988 463 116 ou no correo electrónico maceda@cruzroja.es.