Coureleando organiza dúas rutas de diferente dificultade para esta fin de semana

RibeiraSacraXa
Coureleando organiza unha ruta deportiva para este sábado, 16 de marzo, de dificultade alta para xente habituada a camiñar, e outra máis suave polas fervenzas para o domingo 17.
Courelendo neve
Courelendo neve
14 Mar 2024

Coureleando organiza unha ruta deportiva para este sábado, 16 de marzo, de dificultade alta para xente habituada a camiñar, e outra máis suave polas fervenzas para o domingo 17.

A ruta elixida para o sábado é polo Pico Polín no Courel, percorrendo de Moreda a Longo de Meo, Enciña, Polín, Campa de Lucenza, Formigueiros, Fontes, Rogueira e volvendo a Moreda. A ruta, que será de 15 km e de arredor de 8 horas, ten sendeiros de montaña con fortes pendentes de 70 % e sendeiros sinxelos de pendentes de 30 %. A saída será ás 9.30 horas do Bar o Mirador de Folgoso do Courel.

Pola súa parte, a ruta do domingo consistirá nunha andaina polas fervenzas do Xeoparque, percorrendo a do Pombar, a do Fócaro, a de Fondo da Petada, a Fervenza de Vieiros, Aldonzas de Ferramulín e Castromao. A saída será ás 9.30 horas do Albergue de Quiroga.

Para ambas, animan ás persoas interesadas a participar a que leven o material axeitado á climatoloxía, como zapatillas de trail Goretex ou botas de montaña, bastóns, luvas, mochila con auga e comida e roupa de abrigo.

0.18480086326599