Cortan o paso pola ponte de Lumeares na Teixeira polo risco de derrubamento

RibeiraSacraXa
O peche, que afecta a esta infraestutura histórica sobre o río dos Vaos, manterase ata que se garanta a seguridade do paso
A Teixeira paso prohibido
26 Oct 2026

O Concello da Teixeira ordenou o peche ao tránsito da ponte medieval de Lumeares, situada sobre o río dos Vaos, debido ao risco de derrubamento que presenta a estrutura.

Segundo informou o consistorio, a prohibición de paso manterase vixente ata novo aviso, é dicir, ata que se determine que a infraestrutura volve reunir as condicións necesarias para o seu uso seguro.

Dende o Concello pedíuselles aos veciños e a quen transite habitualmente pola zona que utilicen vías alternativas mentres dure o peche, e agradeceron a colaboración cidadá ante esta medida preventiva.

0.16477513313293