Controlado o lume forestal en Chandrexa de Queixa logo de queimar 40 hectáreas

RibeiraSacraXa
O lume, que se iniciou o martes en torno as 20.00 horas, logrou ser controlado durante a noite deste mércores
Incendio Chandrexa de Queixa, imaxe de @Brifflaza
Incendio Chandrexa de Queixa, imaxe de @Brifflaza
19 Sep 2024

O lume do municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, atópase xa controlado logo de calcinar unha superficie de entorno a 40 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais.

O lume, que se iniciou o martes en torno as 20.00 horas, logrou ser controlado durante a noite deste mércores e, para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 9 axentes, 21 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 1 técnico, 2 avións e 4 helicópteros.

0.17015695571899