Continúa a organización da XL Feira do Viño de Quiroga

RibeiraSacraXa
Quiroga sigue dando pasos en la organización de la XL Feira do Viño de Quiroga que tendrá lugar los días 16 y 17 de abril.
feira viño quiroga
11 Feb 2022

Quiroga segue dando pasos na organización da XL Feira do Viño. A data xa está marcada, e se as circunstancias sanitarias o permiten, celebrarase como se facía habitualmente en Semana Santa, o 16 e 17 de abril.

Como novidade, por primeira vez acudirán á feira adegueiros profesionais. Esta decisión foi tomada xa no ano 2019 pero, a pandemia sanitaria que impediu que se levara a cabo esta festa, fixo que aínda non se puidese materializar.

Esta decisión quedou plasmada na xuntanza da comisión organizadora do evento, que xa comezou a poñerse en contacto con todas as adegas da subzona Quiroga – Bibei que forman parte da Denominación Ribeira Sacra. Algunhas das adegas xa confirmaron a súa presenza na festa de exaltación dun dos produtos máis importantes do municipio.

Por diante quedan máis xuntanzas para fixar prazos e requisitos de inscricións, para falar con colleiteiros, para pechar nomes de posibles pregoeiros e para organizar as innumerables actividades que van aparelladas a unha festa tan importante para Quiroga.

0.18317699432373