Concello de Monforte e CCU traballarán en proxectos conxuntos de apoio ao comercio

RibeiraSacraXa
O Alcalde de Monforte recibiu ó novo equipo directivo do Centro Comercial Urbán (CCU) encabezado pola nova presidenta do mesmo, María Núñez.
monforte reunion CCU
monforte reunion CCU
13 Dec 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu ó novo equipo directivo do Centro Comercial Urbán (CCU) encabezado pola nova presidenta do mesmo, María Núñez.

Na xuntanza, que se mantivo nun ambiente de cordialidade, os representantes da asociación de comerciantes de Monforte trasladaron ó Alcalde diversas inquedanzas e proxectos en relación coa cidade de Monforte e coa Ribeira Sacra, co fin de aunar esforzos na busca da súa promoción.

Logo da reunión, o alcalde e a presidenta do CCU quedaron emprazados para seguir mantendo reunións en vindeiras datas para abordar xa proxectos máis concretos, de axuda e dinamización do comercio local. O alcalde manifestou a súa vontade de colaborar e axudar en todo o que sexa posible para que elo contribúa á mellora da cidade e da Ribeira Sacra.

0.18947386741638