Comezaron as obras de mellora do campo de fútbol artificial do colexio dos Escolapios

RibeiraSacraXa
Comezaron as obras de mellora do campo de fútbol artificial do colexio dos Escolapios, e que supoñen a substitución do céspede artificial
campo futbol luis bodegas monforte
campo futbol luis bodegas monforte
22 mar 2023

Comezaron as obras de mellora do campo de fútbol artificial do colexio dos Escolapios, obras encadradas dentro do proxecto de obras de renovación e mellora en campos de fútbol do Concello de Monforte que contaron coa financiación do Consello Superior de Deportes, e que supoñen a substitución do céspede artificial dos campos de fútbol de Luis Bodegas e do campo de fútbol artificial do colexio Escolapios.

Con motivo do inicio das obras no campo de fútbol do colexio Escolapios, acotarase unha zona no último tramo do aparcamento do Parque dos Condes, pegada ao campo de fútbol, para que a empresa encargada das obras poida facer acopio de materiais e facilitar a descarga dos camións.

O espazo reservado ocupará o ancho do aparcamento, no seu último tramo, e aproximadamente 15 metros de fondo dende o campo de fútbol. En total veranse afectadas en torno a 40 prazas de aparcamento.

As obras terán unha duración aproximada dun mes polo que o Concello de Monforte quere pedirlle desculpas aos cidadáns polas posibles molestias ocasionadas durante a súa duración.