Comeza unha nova edición do Verán Cultural con actividades diversas para nenos e adultos ata setembro

RibeiraSacraXa
Comeza unha nova edición do Verán Cultural con actividades diversas para nenos e adultos ata setembro de 2023
praza do canton chantada
12 Jul 2023

O Concello de Chantada organiza, un ano máis, o Verán Cultural con diversas actividades para público infantil e adulto e que comezará este xoves ás 20.00 horas co espectáculo infantil de Con Tom e Son na Praza do Cantón.

Así, durante os meses de xullo, agosto e ata o vindeiro 3 de setembro, o municipio acollerá espectáculos, contos, concertos, cine e as Festas Patronais, que terán lugar do 24 ao 29 de agosto.

As propostas en xullo son, ademais da actuación deste xoves, o Circotour-Par de 2 o 20 de xullo, as Olimpiadas infantís actuáticas o 22 de xullo, o espectáculo de Maxia no aire o 25 de xullo, os inchables acuáticos e a festa da escuma o 27 de xullo e unha parte do Festival 17º Ribeira Sacra o 30 de xullo.

Con respecto a agosto, o 1 terá lugar un contacontos con Fer Rivas, o 3 terá lugar a Festa a Auga, o 6 será a quenda da maxia da man de Roberto Lolo, o 8 Euulali Moreno protagonizará un contacontos con títeres, o 10 Paco Pakolas traerá o seu 'A Ramona pequena vai lúa', o 12 haberá un concerto da Banda de Música de Chantada e o 13 Clown traerá o seu espectáculo infantil.

Pola súa parte, do 14 ao 18 de agosto terá lugar a Semana de Cine na Praza de Cantón, o 20 virá Isla Letriska co seu show 'Verán miúdo Odaiko' e entre o 21 e o 23 de agosto terá lugar a Semana do Teatro na Praza do Cantón. Xa do 24 ao 29 terán lugar as festas patronais e, para rematar este Verán Cultural, o 31 de agosto virá o circo 'Asacocirco Show' e o 3 de setembro A luz da lúa protagonizará un espectáculo de acrobacias.

Verán Cultural Chantada
0.16700291633606