Comeza o obradoiro dual de emprego dos concellos do Incio, da Pobra do Brollón e de Bóveda

SarriaXa | RibeiraSacraXa
O novo obradoiro dual de emprego dos concellos do Incio, da Pobra do Brollón e de Bóveda presentouse nun acto organizado polo Concello do Incio, que este ano 2023-2024 é o promotor.
obradoiro de emprego O Incio, Bóveda, a Pobra
20 Nov 2023

O novo obradoiro dual de emprego dos concellos do Incio, da Pobra do Brollón e de Bóveda presentouse nun acto organizado polo Concello do Incio, que este ano 2023-2024 é o promotor.

Na nova edición que vén de presentarse participan 20 alumnos e alumnas; 6 deles do Concello do Incio e 7 da Pobra do Brollón e outros 7 de Bóveda, a maiores dunha directora, tres monitores e unha administrativa.

A duración do obradoiro dual de emprego é de 12 meses, tempo durante o cal levarán a cabo distintas especialidades formativas, como actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, no que actuarán 13 alumnos e alumnas; e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, no que actuarán sete alumnos e alumnas.

No acto de presentación, que tivo lugar no Incio, ademais do alumnado e os responsables do obradoiro, participaron os alcaldes dos tres concellos, Héctor Corujo, José Luis Maceda e José Manuel Arias, quen remarcaron a subvención de 532.546,20 euros da Xunta de Galicia coa que se pode levar a cabo esta iniciativa.

0.18676900863647