Clausurado o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica na Pinguela

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, clausurou o evento, que se celebrou dende o pasado luns 24
clausura-campus-veran-ximnasia-ucraina
Clausura do campus de verán
29 Xuño 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, clausurou o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica que se celebrou en Monforte dende o pasado luns 24 e ata hoxe venres 28 de xuño no Pavillón polideportivo municipal da Pinguela.

No acto, estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e pola directora deportiva do Club Quicela, Jessica Quiroga, club que organizou o Campus coa colaboración do Concello de Monforte, que achegou unha axuda de 3.000 euros para o Campus.

O acto de clausura tivo lugar durante a celebración dunha gala-exhibición protagonizada polas 50 alumnas inscritas neste Campus, e que proveñen de Monforte, así como diferentes puntos de Galicia, España ou países coma Portugal, México ou Italia.

Ao finalizar a gala, o alcalde entregou un recoñecemento ás 2 adestradoras ucraínas que impartiron este Campus de ximnasia rítmica Hanna Rizadtinova e Valeriya Yuzviak, e que consistiu nunha replica da Torre da Homenaxe de Monforte. Este recoñecemento tamén se lle fixo chegar á outra adestradora do Campus, Magda Cumes, quen non puido estar neste acto de clausura.

O alcalde valorou moi positivamente o desenvolvemento deste Campus, que permitiu dar a coñecer Monforte e a Ribeira Sacra as alumnas e as súas familias procedentes de diversos puntos de España e do estranxeiro, as cales viviron unha experiencia única da man de profesoras do primeiro nivel que incluso participaron en citas olímpicas.

0.18750405311584