Chega o ciclismo de competición a Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
O vindeiro domingo 23 de maio volve o ciclismo de competición ás estradas da Ribeira Sacra. A carreira comezará ás 11:00 horas.
ciclismo chantada
ciclismo chantada
17 Maio 2021

O vindeiro domingo 23 de maio volve o ciclismo de competición ás estradas da Ribeira Sacra. Escairón, O Saviñao, será a partida do IV Gran Premio Máster Ribeira Sacra.

O club Ciclista Chantadino organiza unha nova cita para as categorías Master 60, 50, 40 e 30. A carreira partirá ás 11.00h e só é para deportistas federados. O Campionato de Estrada Master terá un límite de 200 participantes e a data límite para poder inscribirse é o vindeiro mércores 19 de maio.

O evento conta co apoio de Ciclismo Galego, dos concellos de Chantada e O Saviñao e moitos outros patrocinadores, na meirande parte, negocios da comarca.

cartel ciclismo ribeira sacra
0.1697690486908