Chega a Chantada o CIII Open autonómico de billar a tres bandas

RibeiraSacraXa
O 8 de xuño comeza, nas instalacións do Círculo de Chantada, a VII edición Ribeira Sacra, o CIII Open autonómico de billar a tres bandas.
billar chantada cartel
billar chantada cartel
7 jun 2021

O vindeiro 8 de xuño comeza, nas instalacións do Círculo recreativo e cultural de Chantada, a VII edición Ribeira Sacra, o CIII Open autonómico de billar a tres bandas.

Para o campeonato están inscritos 42 xogadores, dos cales 11 pertencen ao Clube Billar Círculo de Chantada. Na ronda 1 comezará a xogar Roberto Varela, na ronda 2, Sin Seung-ha, Gilberto Rguez, Isaac Ferreiro, Eduardo Rodiño, Jhon Martínez y José Avero, na ronda 3, Iván Núñez, na fase final previa, Francisco Gómez e en octavos, Francisco Lozano e Luis Manuel Fdez.

Para seguir os resultados ou para máis información, pódese consultar as redes sociais do Clube Billar Círculo Chantada.

chantada billar