Chantada organiza un espectáculo de narración oral con perspectiva de xénero para os máis pequenos
RibeiraSacraXa
Trátase de ‘Estrelas’, de Soledad Felloza, unha epresentación de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia
'Estrelas'
27 Nov 2024
A Bilioteca Púlica Municipal de Chantada acollerá este venres, 29 de novembro, a partir das 17.00 horas, un espectáculo de narración oral con perspectiva de xénero dirixido a nenos e nenas maiores de tres anos.
Trátase de ‘Estrelas’, de Soledad Felloza, unha epresentación de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia e por igualdade plena.
A actividade está organizada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Chantada, dentro do programa de actividades para o 25N, Día da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres.