Chantada conta con dous novos puntos limpos de proximidade e dous puntos limpos móbiles

RibeiraSacraXa
Os primeiros localízanse de modo permanente no casco urbano, na Avda. de Monforte e na Praza Catro Camiños e os dous puntos móbiles sitúanse nas diferentes parroquias
punto-limpo-móbil-Chantada
punto-limpo-móbil-Chantada
15 Maio 2024

O Concello de Chantada conta desde o pasado ano co servizo de puntos limpos móbiles e agora adquiríronse dous puntos limpos de proximidade e dous puntos límpos móbiles.

Foi a través dunha subvención a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, (cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneraciónEU)..

Os primeiros localízanse de modo permanente no casco urbano, na Avda. de Monforte e na Praza Catro Camiños e os dous puntos móbiles sitúanse nas diferentes parroquias por quicenas.

Así, ata o 31 de maio, este servizo chegará ao lugar de San Miguel, na parroquia de San Miguel do Monte e á Ponte, na parroquia de Belesar. Na primeira quincena de xuño trasladaranse ao carón da igrexa na parroquia de San Vicente de Argozón e no lugar de Vilaboa na parroquia de Camporamiro. A partir do 17 de xuño ubicaranse na igrexa de Mouricios e na casa escola de Vilaúxe. En xullo será a quenda das parroquias de Requeixo, San Salvador, Laxe e Pereira.

O resto de parroquias xa contaron co servizo que cada ano comeza en abril ou recibirán a visita dos puntos limpos móbiles nos próximos meses ata finais de ano.

O Concello de Chantada conta con 36 parroquias e con esta medida desde a Área de Medio Ambiente do Concello de Chantada preténdese facilitar a tarefa de reciclaxe á veciñanza das aldeas.

“Chegamos co servizo do punto limpo á porta da casa para que as persoas depositen pequenos electrodomésticos e as pequenas cousas que hai que levar ao punto limpo. Tentamos que a veciñanza se habitúe a este servizo e que saiba que en determinada quincena van ter un punto limpo móbil para que reserven ata ese momento as pezas que queren tirar”, destaca o concelleiro, Diego Otero.

0.1829719543457