Chantada acolle o servizo de Acelera Peme para as persoas interesadas

RibeiraSacraXa
O próximo luns, 25 de setembro, a oficina móbil do programa "Acelera Peme" posto en marcha pola Deputación de Lugo estará ás 12.
acelera pemes deputacion
25 Sep 2023

O próximo luns, 25 de setembro, a oficina móbil do programa "Acelera Peme" posto en marcha pola Deputación de Lugo estará ás 12.30 horas na praza de Galicia de Chantada.

As persoas interesadas neste recurso, concretamente os autónomos e propietarios dunha pequena empresa  que precisan impulsar a dixitalización do seu negocio, serán os máis axeitados para pasar pola Oficina Móbil Acelera Peme.

Nesa oficina, os achegados contarán con asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precisen para unha consulta individualizada.

Ademais, ofrecen servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa; apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, consultoría en marketing dixital e apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

0.16974306106567