Chantada acollerá en maio dous cursos gratuítos de formación dixital para maiores de 60 anos

RibeiraSacraXa
As inscricións poderán realizarse ata o día 27
mobil-ordenador-tecnoloxia
20 Apr 2026

A Casa da Cultura de Chantada será o escenario, durante o mes de maio, de dous cursos gratuítos enmarcados no programa de formación “Conexión Dixital Senior +”, dirixido a persoas maiores de 60 anos.

As accións formativas estarán centradas en dous ámbitos: por unha banda, o uso de WhatsApp e a comunicación móbil efectiva; e por outra, a xestión dixital de trámites coa Administración Pública, co obxectivo de facilitar o acceso aos servizos dixitais básicos.
A inscrición para participar nestes cursos está aberta na Casa da Cultura de Chantada ata o 28 de abril.

0.093097925186157