CCOO critica os pregos do SAF de Monforte que "non recollen os custos reais"

RibeiraSacraXa
O sindicato CCOO xonsidera "intolerable" que os concellos non actualicen salarios nas licitacións da axuda no fogar
monforte
monforte
3 Xuño 2022

O sindicato CCOO tildou hoxe de “intolerable” o que, segundo denuncian, está a acontecer en Monforte de Lemos en relación coas licitacións dos servizos de axuda no fogar (SAF).

O secretario de Acción Sindical de CCOO-Hábitat, Luís Rodas, denunciou que a Administración local está elaborando os pregos e licitacións que non recollen os custos reais dos cadros de persoal que van ser subrogados.

O sindicalista lembra que o convenio colectivo vixente garante unha suba salarial para este ano do 6,5%, equivalente ao IPC real do 31 de decembro de 2021. Este incremento salarial, á súa vez, deriva da sentenza gañada por CCOO no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no ano 2013. A resolución xudicial, di o sindicato, decretou o dereito dos traballadoras dos SAF a que todos os seus conceptos salariais se actualizasen anualmente conforme ao IPC. Desde aquela, case dez mil traballadoras e traballadores do sector viron incrementados os seus salarios un 16,8%.

O caso máis recente deuse cos pregos de contratación da localidade luguesa de Monforte de Lemos. CCOO-Hábitat presentou un recurso perante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) porque non se actualizaban os salarios para este ano conforme ao convenio.

Detectada esta eiva, CCOO-Hábitat pediulle ao TACGAL a aplicación de medidas cautelares sobre o expediente de contratación elaborada polo Concello monfortino. Comisións agarda que, como en casos anteriores, o organismo aplique as medidas que foren precisas para corrixir as infraccións de procedemento ou impedir que se causen outros prexuízos.

0.18878483772278