Caurel Vivo pídelle á Xunta que "cumpra coas estradas no Courel"

RibeiraSacraXa
Caurel Vivo levará ao pleno do xoves, 29 de decembro, unha moción para solicitarlle á Xunta de Galicia que "cumpra coas estradas da súa competencia no Courel".
28 Dec 2022

Caurel Vivo levará ao pleno do xoves, 29 de decembro, unha moción para solicitarlle á Xunta de Galicia que "cumpra coas estradas da súa competencia no Courel".

O concelleiro e voceiro do grupo de Caurel vivo, Teo Chousa Arza, é o encargado de levar diante do Concello esta moción para a súa discusión e aprobación, se procede, polo Pleno da Corporación Municipal.

En concreto, o grupo solicita á Xunta de Galicia que se reparen todos os socalcos importantes que ten a estrada de Santa Eufemia, "xa que a parte de incidentes, pode que teñamos que lamentar algún accidente", insta á mesma que "contemple outra alternativa máis estable e segura no trazado nas inmediacións" da mesma estrada e solicítalle á Xunta que saque a licitación o seguinte tramo para non agardar outros 15 anos para o seguinte arranxo.

Problemática da vía de Santa Eufemia

En marzo deste ano colapsou a estrada LU-651, preto de Santa Eufemia, deixando a estrada cortada máis de 4 meses. A Xunta licitou con arredor de 1 millón de euros un acceso provisional e a estrada abriu ao trafico excedido o prazo de entrega que fixou a Xunta.

Tras pensar varias alternativas definitivas entre as que se incluía a construción dun túnel ou falso túnel para enlazar definitivamente os dous treitos da estrada, elixiuse como solución definitiva para a reconstrución deste acceso a execución dun treito de 840 metros do novo trazado da LU-651 a media ladeira no que se vai investir preto de 5 millóns de euros.

Denuncian desde Caurel Vivo que o acceso provisional, tras as primeiras chuvias de outono, xa sufriu varias recalcas e gretas, o que obrigou a que deran chapapote dúas ou tres veces.

Na mesma estrada, nas inmediacións da Ferraría Vella, e tras facer obras nun muro de máis de 4 metros, este colapsou, deixando a estrada habilitada cun so carril, "coas consecuentes molestias para a veciñanza", explican.

Por outra banda, o 1 de abril  de 2022 contratouse a Mellora da Estrada entre a Ferrería Vella a Seoane para arranxar no prazo dun ano  e por un importe de case 3 millóns de euros. A 4 meses de rematar o prazo, protestan desde o grupo, "aínda non hai movemento de terras e tampouco vemos que o Concello esixa á Xunta que se cumpran os prazos".

0.17022085189819