Catorce agrupacións participarán no XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga

RibeiraSacraXa
O XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga, que se celebrará o 30 de marzo no marco da Feira do Viño, acollerá este ano catorce bandas, 13 galegas e unha de León.
Presentacion Certame Bandas de Gaitas Quiroga
Presentacion Certame Bandas de Gaitas Quiroga
21 mar 2024

O XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga, que se celebrará o 30 de marzo no marco da Feira do Viño, acollerá este ano catorce bandas, 13 galegas e unha de León.

No acto de presentación, na delegación da Xunta en Lugo, interviñeron a secretaria territorial da Administración autonómica, Marta Barreiro; o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; e o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo.

O desfile de bandas sairá ás 11.30 horas da Casa da Cultura, percorrerá a rúa Real e chegará á praza de España, onde comezará o campionato ás 12.00 horas.

Participarán catro agrupacións da provincia de Lugo: San Martiño de Quiroga, Toxo Queimado de Baleira, a banda de Chantada e a do Concello de Monforte. Tamén haberá seis ourensás: Nova Fronteira, Real Xuvenil, Ladies Band e as dos concellos de Riós, O Bolo e Esgos. Completan o programa as ferrolás Agarimo de Catabois e San Pantaleón das Viñas; Insua de Caldelas do municipio pontevedrés de Tui e a banda do Bierzo (León).