Carballedo de Tapas regresa este verán con tres fins de semana dedicadas á gastronomía local

RibeiraSacraXa
A iniciativa desenvolverase en tres establecementos do municipio durante o mese de xullo cun prezo de tapa de 2 euros
carballedo-de-tapas
29 Jun 2026

O Concello de Carballedo presenta unha nova edición de “Carballedo de Tapas 2026”, unha proposta gastronómica que se desenvolverá durante tres fins de semana consecutivos de xullo en distintos establecementos do municipio.

A iniciativa arrincará en O Xugo (Os Peares) os días 3, 4 e 5 de xullo. A seguinte parada será en Os Roxos (A Tolda), os días 10, 11 e 12 de xullo, mentres que a última cita terá lugar en Calviño (Estivada) os días 17, 18 e 19 de xullo.

O prezo de cada tapa será de 2 euros, nunha actividade coa que se busca dinamizar a hostalaría local e promover o coñecemento de diferentes recunchos do municipio a través da súa oferta gastronómica.

0.12636089324951