Carballedo celebra a Festa dos Nenos con inchables, xogos e festa da escuma no Pavillón da Barrela

RibeiraSacraXa
A actividade terá lugar este domingo e contará con propostas de lecer para a cativada, incluíndo merenda e un tobogán acuático-terrestre
festa-dos-nenos-de-carballedo
26 Jun 2026

O Concello de Carballedo organiza este domingo, 28 de xuño, a Festa dos Nenos, unha xornada de lecer dirixida á rapazada que se desenvolverá no Pavillón Municipal da Barrela a partir das 17:00 horas.

A programación inclúe inchables, tobogán acuático-terrestre, festa da escuma, xogos e merenda para os máis pequenos e pequenas da casa, nunha tarde pensada para o entretemento infantil e familiar.

0.12427186965942