Carballedo acolleu unha xornada de tecnificación de fútbol base no Campo de Catro Ventos

O Concello de Carballedo celebrou a pasada semana unha xornada deportiva centrada na formación e na convivencia no Campo Municipal de Fútbol Catro Ventos, na Barrela, no marco dunha actividade de tecnificación de FutbolinLugo.
Durante a sesión participaron decenas de nenos e nenas, que puideron desfrutar dunha tarde dedicada ao deporte, ao aprendizaxe e ao traballo en equipo. A actividade estivo orientada á mellora das habilidades futbolísticas dos participantes, baixo a supervisión dun equipo técnico especializado.
Desde o Concello destacan o bo ambiente da xornada, marcada pola ilusión e o compañeirismo entre a mocidade participante, nunha iniciativa que combina formación deportiva e convivencia.