Brais das Hortas leva á Pobra do Brollón o 'Consertasso na Horta'

RibeiraSacraXa
Brais das Hortas leva á Pobra do Brollón o 'Consertasso na Horta' o vindeiro xoves para animar a pequenos e adultos
Brais das Hortas
Brais das Hortas
19 dic 2022

O vindeiro xoves, 22 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na Casa da cultura 'Olga novo' o espectáculo 'Consertasso na Horta' de Brais das Hortas.

Neste espectáculo, o músico interpretará a diversos personaxes que nos farán pasar da música tradicional ao electrónico, do punk ao chill-out e ata do trap ás regueifas.

O espectáculo ensina un retrato irónico da nosa sociedade adaptado a todos os públicos, cunha profunda dose de esperanza no cambio sostible das xeracións futuras.

Brais dás Hortas leva máis de 20 anos dedicándose á música e formou parte de bandas como Mamá Cabra, Sons Miúdos, Banda Fura Fura, e colaborado con outras e outros artistas como Ataque Escampe, Sofía Espiñeira ou Peter Punk Pallaso.

Outras actividades

Ao día seguinte, venres 23, continuará a programación de Nadal do Concello da Pobra do Brollón coa visita do Apalpador.

A semana seguinte tamén haberá varios eventos co obradoiro infantil “Biblio Nadal”, un concerto de Tanto nos Ten o día 29, e para despedir o ano, festa karaoke na Casa da Cultura.

Brais das Hortas