Bóveda retomará este luns o seu programa de Envellecemento Activo

RibeiraSacraXa
A proposta está dirixida a maiores de 55 anos inclúe actividades de memoria e ximnasia de mantemento en cinco parroquias e no Centro Sociocultural
ximnasia-mantemento-maiores-1
3 Oct 2026

O Concello de Bóveda iniciará o vindeiro 5 de outubro unha nova edición das actividades de Envellecemento Activo, dirixidas a persoas maiores de 55 anos. A programación inclúe sesións de memoria e ximnasia de mantemento nas parroquias de Bóveda, Teilán, Rubián, Guntín e Ribas Pequenas.

Como novidade, este ano a ximnasia de mantemento tamén se impartirá no Centro Sociocultural de Bóveda. Nas demais parroquias, as actividades desenvolveranse nos respectivos locais sociais.

As propostas están abertas a todas as persoas do municipio, con independencia da parroquia na que residan. Deste xeito, cada participante poderá acudir á localidade e ao horario que mellor se adapte ás súas necesidades.

Non será necesario realizar unha inscrición previa nin acudir ao Concello para anotarse. As persoas interesadas poderán incorporarse directamente o día no que comece a actividade.

En Bóveda, as sesións serán os martes, con memoria ás 10.30 horas e ximnasia ás 12.00 horas. En Teilán, celebraranse os mércores, ás 15.45 horas a actividade de memoria e ás 17.15 horas a de ximnasia.

En Rubián, tamén os mércores, a memoria terá lugar ás 17.10 horas e a ximnasia ás 18.30 horas. En Guntín, as actividades serán os luns, ás 17.00 e ás 18.15 horas, respectivamente. Finalmente, en Ribas Pequenas, as sesións dos luns comezarán ás 15.30 horas para a memoria e ás 17.00 horas para a ximnasia.

0.14451098442078