Bóveda rendeu homenaxe a Begoña Caamaño cun espectáculo a cargo de Servando Barreiro

RibeiraSacraXa
Na actividade participou o alumnado do colexio e persoas usuarias da residencia para persoas con diversidade funcional
alumnado-boveda-letras-galegas
16 May 2026

O Centro Sociocultural do Concello de Bóveda acolleu este xoves unha homenaxe á escritora Begoña Caamaño con motivo do Día das Letras Galegas. A actividade, titulada “Mitos, lendas e cantigas”, estivo a cargo de Servando Barreiro.

O espectáculo contou cunha notable asistencia de público, entre o que se atopaban o alumnado do colexio de Bóveda, persoas usuarias da residencia para persoas con diversidade funcional.

Trátase dunha iniciativa cultural financiada a través do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, que busca promover a lectura e achegar a actividade literaria a diferentes públicos a través de propostas escénicas e divulgativas.

0.11787509918213