Bóveda programa para o 25 de outubro unha nova función do seu ciclo de teatro

O programa ‘Outono de Teatro 2026’ de Bóveda continuará o domingo 25 de outubro cunha nova representación no Centro Sociocultural do municipio.
A compañía A Mariña de Cervo levará ao escenario a obra ‘A historia dun fidalgo para sempre lembrar’, incluída no Circuíto de Teatro Afeccionado. A función dará comezo ás 18.00 horas e estará aberta a todos os públicos.
A entrada será gratuíta. A actividade está organizada polo Concello de Bóveda coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.