Bóveda prepara tres xornadas de festas na honra de San Xil con música e verbenas


Bóveda celebrará entre o luns 31 de agosto e o mércores 2 de setembro as festas na honra de San Xil, con tres xornadas de actividades nas que a música terá un papel protagonista.
A programación comezará o luns 31 de agosto ás 22.30 horas cunha gran queimada, amenizada polo dúo Acherizados e DJ Casanoua.
O martes 1 de setembro, ás 12.30 horas, terá lugar a misa maior, cantada polo Coro de Bóveda, seguida dunha sesión vermú coa orquestra Los Españoles. Pola noite, a partir das 22.30 horas, a festa e a verbena estarán a cargo de Los Españoles e Miramar.
As celebracións continuarán o mércores 2 de setembro. Ás 12.30 horas celebrarase a misa maior, amenizada polos Xograres de Lemos, seguida dunha sesión vermú. A xornada festiva pecharase pola noite, desde as 22.30 horas, cunha verbena protagonizada polas orquestras Marbella e New York.