Bóveda ofrece un curso en liña para impulsar a dixitalización dos negocios de mulleres do rural

RibeiraSacraXa
A formación ‘Extraordinarias básico’ celebrarase os días 14 e 15 de outubro e abordará cuestións como as redes sociais, o comercio electrónico e a ciberseguridade
muller-ordenador-dixital-oficina-emprego
2 Oct 2026

O Concello de Bóveda abriu o prazo de inscrición nun curso de formación dirixido a mulleres emprendedoras do rural, que se desenvolverá en liña os días 14 e 15 de outubro. A iniciativa, posta en marcha con motivo do Día Internacional da Muller Rural, busca achegar ferramentas dixitais e coñecementos de márketing para impulsar os negocios do medio rural.

A formación, denominada ‘Extraordinarias básico: Fundamentos de dixitalización empresarial’, terá lugar de 20.00 a 22.00 horas. Ao longo das dúas sesións abordaranse cuestións relacionadas co uso das redes sociais, o comercio electrónico, a presenza na web, WhatsApp Business e a ciberseguridade.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 8 de outubro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación no Centro Sociocultural ou no Concello de Bóveda, en horario de atención ao público. Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 982 426 006, extensión 5.

A actividade está organizada pola Fundación Cibervoluntarios a través do programa Extraordinarias, co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e do Ministerio de Traballo e Economía Social, e coa colaboración do Concello de Bóveda.

0.14736795425415