Bóveda instalará unha pantalla xigante na Feira Outrora para seguir a semifinal entre España e Francia

O Concello de Bóveda instalará unha pantalla xigante en Rubián para que a veciñanza poida seguir en directo a semifinal do Mundial entre as seleccións de España e Francia, prevista para este martes ás 21.00 horas.
A iniciativa permitirá que as persoas asistentes á XXII Feira Outrora poidan continuar desfrutando da programación do evento sen perder un dos partidos máis destacados do campionato.
Desde o Concello convidan á veciñanza a reunirse en Rubián para vivir de forma conxunta este encontro, combinando o ambiente festivo da Feira Outrora co apoio á selección española nunha cita deportiva de especial relevancia.