Bóveda contará cunha pista multideporte no CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

RibeiraSacraXa
O concello de Bóveda contará cunha pista multideporte no centro educativo CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro
pista bóveda portada
30 Ago 2022

O Concello de Bóveda vén de adxudicarlle á empresa Sport Equipalia SLU o contrato de obras de execución dunha pista multideporte no centro educativo CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro por un importe de 79.858 euros.

A actuación conta cunha subvención da Xunta destinada a entidades locais para actuacións de adecuación das pistas multideportes nos centros de educación infantil e primaria e nos centros públicos integrados non universitarios. O Goberno galego faise cargo do 85% do custo total das obras.

A instalación proxéctase dentro do recinto educativo, nunha superficie verde moi ampla onde os nenos e nenas do colexio saen xogar en horario lectivo.

Este proxecto de construción dunha pista multideporte enmárcase dentro do obxectivo do concello de Bóveda de avanzar na mellora das instalacións deportivas de cara a promover unha vida saudable entre os alumnos do centro, así como entre outros posibles usuarios do concello, sendo á súa vez estes espazos zonas de convivencia veciñal tanto entre adultos, como entre nenos.

Con esta actuación preténdese converter ao centro educativo nun espazo polifuncional no que se poidan practicar polo menos cinco deportes, permitindo un uso polivalente dentro e fóra do horario escolar.

As obras terán un prazo de execución de dous meses.

pista bóveda
0.088885068893433