O investimento para o punto limpo do Concello de Bóveda foi de 57.100 euros

RibeiraSacraXa
Desde principios de enero Bóveda cuenta con el nuevo servicio del punto limpio móvil que mejorará la clasificación de residuos.
Punto limpo mobil Boveda
Punto limpo mobil Boveda
27 ene 2022

Bóveda conta cun punto limpo móbil para mellorar a xestión do lixo doméstico. Este servizo púxose en marcha grazas á concesión dunha axuda de 57.100 euros. Este tipo de contedores contribúen á conservación do medio ambiente e o patrimonio cultural.

PUNTO LIMPO MÓBIL
O punto limpo móbil é un contedor compartimentado no que é posible depositar diferentes tipos de residuos, como pequenos aparatos eléctricos, pilas, lámpadas, etc. O obxectivo deste tipo de contedores é axudar a destinar estes elementos para a súa reutilización e favorecer a súa reciclaxe ou correcta eliminación. O depósito dos residuos realízase de xeito sinxelo a través das diferentes bocas sinalizadas convenientemente.

Os puntos limpos móbiles achegan ao cidadán os medios precisos para impedir que determinados tipos de residuos acaben en contedores inadecuados, abarcando unha gran variedade de residuos en poucos espazos.

Para facilitar o seu uso polos veciños, o punto limpo móbil realiza unha ruta regular polas diferentes parroquias do concello, estacionando en zonas previamente seleccionadas.

A implantación dun novo punto limpo móbil supón unha mellora ao evitar os puntos de vertido incontrolado e dar un novo servizo á cidadanía, tanto no rural como na zona urbana.

As rutas que levará a cabo este camión polas 14 parroquias darase a coñecer no taboleiro de anuncios do concello, no panel informativo que estará instalado xunto ao colector do Punto Limpo Móbil e nas redes sociais.