Bóveda celebra o Día do Libro cun espectáculo infantil no Centro Sociocultural

O Concello de Bóveda, a través da Axencia de Lectura municipal, organiza unha actividade especial para nenos e nenas con motivo do Día do Libro, que se celebrará o vindeiro 23 de abril no Centro Sociocultural.
A proposta leva por título “Os contos de Pablísimo presenta Príncipas e Princesos” e está dirixida ao público infantil e familiar. O espectáculo terá lugar ás 12:30 horas e forma parte da programación cultural impulsada arredor desta conmemoración.
A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a través do programa Ler conta moito, que busca fomentar a lectura e dinamizar a actividade cultural nos municipios galegos.