Bóveda celebra o Día da Nai cun obradoiro de chapas e imáns

RibeiraSacraXa
Será este domingo pola mañá no parque infantil de Rubián o unas naves da feira, segundo o tempo
obradoiro-imans-boveda
2 May 2026

O Concello de Bóveda organiza este domingo, 3 de maio, un obradoiro de chapas e imáns personalizados con motivo da celebración do Día da Nai.

A actividade está dirixida a nenos e adultos e desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas no parque infantil de Rubián. No caso de que as condicións meteorolóxicas sexan desfavorables, o taller trasladarase ás naves da feira.

Esta iniciativa está financiada a través do Plan Corresponsables, promovido polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

0.12197804450989