Bóveda acollerá dous cursos de competencias dixitais para a veciñanza dentro do programa “Conecta co teu mundo dixital”

RibeiraSacraXa
Trátase de actividades formativas presenciais, gratuítas e con certificación, que se desenvolverán no Centro Sociocultural de Bóveda a partir de mediados de maio
mobil-ordenador-tecnoloxia
7 May 2026

O Concello de Bóveda organizará durante o mes de maio dous cursos de formación en competencias dixitais dirixidos á veciñanza, dentro do programa “Conecta co teu mundo dixital”. Trátase de actividades formativas presenciais, gratuítas e con certificación, que se desenvolverán no Centro Sociocultural de Bóveda.

Por unha banda, impartirase o curso de “Iniciación ao mundo dixital”, que terá lugar os días 18, 20, 25 e 27 de maio, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Por outra, ofrecerase a formación en “Trámites electrónicos”, programada para os días 19, 21, 26 e 28 de maio, tamén de 10:00 a 13:00 horas.

Desde o Concello lembran que as persoas interesadas deberán formalizar a inscrición previamente no rexistro municipal, cun prazo aberto ata o 11 de maio.

0.11693620681763