Besteiro, elixido presidente da Comisión de Transportes do Congreso

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O deputado socialista no Congreso e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, tomou hoxe posesión do seu cargo como presidente da Comisión de Transportes nas Cortes.
besteiro deputado congreso presidente
besteiro deputado congreso presidente
4 Dec 2023

O deputado socialista no Congreso e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, tomou hoxe posesión do seu cargo como presidente da Comisión de Transportes nas Cortes.

Na súa comparecencia diante a Comisión insistiu na “relevancia que a mobilidade e o transporte supoñen para a igualdade de oportunidades da cidadanía e a mellora de nosa calidade de vida, garantindo cidades máis habitables, transportes máis seguros e respectuosos co medio ambiente e accesibles para todos etodas”. Subliñou que “como galego, sei o importante que é a cohesión territorial e social, para que todos os territorios teñamos as mesmas oportunidades, sen veciños de primeira ou segunda”.

No seu discurso de investidura, Besteiro, suliñou a “importancia vital” que as infraestruturas teñen “na economía, facilitando a captación de investimentos e a industrialización verde” e solicitou a colaboración de todos os membros desta Comisión para “consolidar a mobilidade como un dereito esencial das persoas que, ao tempo, facilite o acceso a outros dereitos fundamentais como o traballo, a sanidade, a educación ou o ocio”.

Besteiro ve unha oportunidade no actual contexto tecnolóxico, ambiental, social e económico en España e Europa para “avanzar cara un territorio máis cohesionado e continuar pola senda da transición ecolóxica, liderando a descarbonización con procesos e modelos respectuosos co medio ambiente. Temos que adecuar a mobilidade e infraestruturas ao novo contexto global”.

Neste sentido incidiu na necesaria colaboración dos integrantes da Comisión, lonxe de intereses partidistas, para “acadar a modernidade, sustentabilidade, integración das novas tecnoloxías e impulso del proceso de descarbonización no transporte”.

O novo presidente da Comisión de Transportes do Congreso agradeceu, asemade, a confianza posta nel para liderar este órgano.

Regades, voceiro de Agricultura

Por outra banda, David Regades Fernández, deputado nacional por Pontevedra e Secretario Provincial do PSdeG-PSOE desta provincia, converteuse tamén hoxe no voceiro da Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación. Dito órgano ten moito peso para Galicia ao tratarse dun sector estratéxico para o noso país.

0.19088983535767