Bátega actuará en Sober coa súa obra O mundo de Martiña

RibeiraSacraXa
O próximo sábado 5 de novembro ás 19.00 a compañía de teatro Bátega representará a obra O mundo de Martiña en Sober
teatro sober portada
teatro sober portada
3 Nov 2022

Este sábado ás 19.00 horas chega ó centro sociocultural de Sober a obra teatral O Mundo de Martiña, da compañía Bátega.

Esta representación que se enmarca dentro do Circuíto de Teatro Profesional organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, conta a historia de Martiña, unha nena moi curiosa e espilida que hai cousas que non logra entender como, por exemplo, que as súas opinións sexan menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer sempre a papá, a mamá, ao pai Edelmiro, á tía Amparo... cando é evidente o trabucados/as que están acotío. Iso de que estean Deus, o Ratiño Pérez, os Reis Magos, ou o anxo da garda observandoa para xulgar o seu comportamento e premiala ou castigala, tampouco lle acaba de gostar.

Na segunda metade do espectáculo, veremos a Martiña medrar. Verémola afrontar a regra, a paixón adolescente, a autoridade paterna ou o duro mundo laboral. Verémola sortear obstáculos e sacar conclusións. A través dun monólogo teatralizado, musicado e entretecido con cancións, Martiña enfrontarase á vida coas armas que vai descubrindo. O seu espíritu crítico e as súas dúbidas respecto do establecido nunca a abandoarán.

teatro sober
0.19666314125061