As Xornadas do Cocido do Entroido da Ribeira Sacra comezarán este sábado
A décimo quinta edición das Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra celebraranse dende o vindeiro sábado, 4 de marzo, ata o 26 de marzo, ambos incluídos.
Nesta edición, os asistentes poderán gozar dunha oferta moi ampla e variada de tapas, menús e pratos do día referentes ao cocido e tamén de suxestións especiais dos establecementos que participan, que contarán con dípticos informativos.
Ademais, están previstas máis actividades que acompañarán o evento e noites de troula en diversos pubs. Como sorpresa desta edición de 2023 levarase a cabo un sorteo dunha cesta de produtos de porco da Asociación Prodeme, ao que optarán todos os que consuman ou participen das diferentes propostas do Estase Cocendo.
A Asociación Provincial de Hostalería de Lugo (APEHL) anunciou o cartel e, como promotora desta iniciativa, anunciou que moitos dos hoteis, pensións e casas de turismo rural da zona ofrecerán prezos especiais para desfrutar do cocido e dos encantos e atractivos turísticos da comarca.
A madriña desta edición, que será presentada o venres á tarde a partir das 18.30 horas, será a actriz de 'O que arde0 Benedicta Sánchez.