As persoas interesadas nunha vivenda social na Pobra do Brollón aínda poden pedilas

RibeiraSacraXa
Ata o día 20 de agosto de 2024 está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de adxudicación de 6 vivendas sociais de titularidade municipal
oficina-social-A-Pobra-do-Brollón
15 Aug 2024

Desde o Concello da Pobra do Brollón informan de que ata o día 20 de agosto de 2024 está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de adxudicación de 6 vivendas sociais de titularidade municipal situadas no edificio das antigas vivendas dos Mestres, ao carón do colexio da Pobra do Brollón.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no departamento de Servizos Sociais (Casa da Cultura ‘Olga Novo’-1º andar) de luns a venres en horario de 09.00 a 11.00 horas.

Os requisitos para acceder a ditas vivendas son que as persoas solicitantes teñan uns ingresos inferiores 2,5 veces o IPREM de acordo co rateo establecido no punto 3.3; non ter a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia unha vivenda en propiedade, a menos que non dispoña do seu uso e goce, nin do usufruto doutra vivenda en todo o territorio nacional, ou se trate dunha vivenda inadecuada ou insuficiente; estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e resto de ingresos procedentes da Tesourería Municipal; estar empadroado no Concello da Pobra do Brollón durante un período non inferior a 3 anos previos á data da publicación do presente prego. No caso de quedaren vivendas desertas, poderán acceder persoas non empadroadas no Concello; e acreditar mediante o certificado expedido polo Ministerio de Xustiza a carencia de delitos de natureza sexual.

0.16703104972839