As persoas interesadas no servizo de Madrugadores de Chantada poderán solicitalo antes do 15 de xuño

RibeiraSacraXa
As persoas interesadas no servizo de Madrugadores de Chantada poderán solicitalo antes do 15 de xuño en Chantada
Madrugadores Chantada
Madrugadores Chantada
30 Maio 2023

O Concello de Chantada ofrece o servizo de Madrugadores para mellorar a conciliación familiar e laboral das familias do municipio chantadino.

Este servizo está dirixido a familias con alumnado matriculado nos centros escolares públicos de Chantada dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.

Este servizo consistirá en coidado e atención do alumnado de luns a venres dende as 7.30 horas ata o comezo da xornada escolar con posibilidade de solicitar servizo de almorzo.

Así, as persoas interesadas en dispoñer destes servizos, que terá lugar nos propios centros escolares, terán que presentar a solicitude de inscrición no Rexistro Xeral ou no Departamento de Servizos Sociais ata o 15 de xuño.

Madrugadores Chantada
0.17240405082703