As obras de mellora na rede de abastecemento de auga en Monforte provocarán cortes no subministro

RibeiraSacraXa
O goberno local de Monforte informa de que este venres, 8 de setembro, levará a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde, concretamente na acometida de abastecemento municipal ubicada á altura do nº 1.
A Pobra do Brollón Auga
A Pobra do Brollón Auga
7 sep 2023

O goberno local de Monforte informa de que este venres, 8 de setembro, levará a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde, concretamente na acometida de abastecemento municipal ubicada á altura do nº 1.

Estas obras de mellora suporán que se leven a cabo cortes dende as 9.00 horas no subministro de auga, que afectarán á propia rúa Roberto Baamonde dende a rotonda de Correos ata o cruce con Inés de Castro, na Avenida de Galicia dende a parada de taxis ata os Xulgados, na rúa Cardenal dende a rotonda de Correos ata o cruce coa Avenida de Galicia e na rúa Conde dende Correos ata a Avenida de Galicia.

Os cortes no abastecemento, manterase ao longo da mañá, mentres dure o desenvolvemento das obras, que se prevé rematen arredor das 13.00 horas, polo que desde o goberno local piden paciencia e agradecen aos veciños a súa comprensión.