As honras á Virxe de Montserrat foron presididas un ano máis polo alcalde do municipio de Monforte

RibeiraSacraXa
As honras á Virxe de Montserrat foron presididas un ano máis polo alcalde do municipio de Monforte, José Tomé Roca
Festas patronais monforte
Festas patronais monforte
16 ago 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, encabezando a comitiva institucional, participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat, no día grande das festas patronais da cidade.

Deste xeito, a comitiva oficial encabezada polo alcalde e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, isto é, Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local, así como diversas autoridades de índole local, galego e nacional, partiu da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa da Régoa, acompañados polo Grupo de Baile Tradicional e a Banda de Gaitas do Concello de Monforte.

A tradición tamén marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente, pero as obras de restauración que se están levando a cabo nela, fixeron que os actos litúrxicos se trasladasen á igrexa da Régoa.

A chegada da comitiva oficial á igrexa da Régoa tivo lugar ás 11 horas; o párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal e, tras elo, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat.

Trala a eucaristía, celebrouse no atrio da igrexa unha ofrenda floral na que o alcalde de Monforte depositaba flores ante a Virxe. Tras el, fixérono o resto de membros da Corporación Municipal e demais autoridades presentes, e deseguido, todos aqueles veciños e visitantes que quixeron render sentida homenaxe á Virxe.