As Escolas Deportivas Municipais de Atletismo de Trives pecharon a tempada cunha xornada de convivencia

RibeiraSacraXa
O Concello agradeceu o traballo do adestrador, o compromiso do alumnado e o apoio das familias durante todo o curso
fin-de-curso-escolas-deportivas-trives
20 Jul 2026

Os nenos e nenas das Escolas Deportivas Municipais de Atletismo celebraron esta semana a despedida do curso nunha xornada de convivencia na que estiveron acompañados polo seu adestrador e polos concelleiros de Deportes e Medio Rural.

Durante o encontro, as persoas participantes compartiron unha cea e recibiron un pequeno agasallo como mostra de agradecemento polo traballo, a dedicación e o compromiso amosado ao longo de toda a tempada.

Desde o Concello trasladaron os seus parabéns a todos os rapaces e rapazas polo esforzo realizado durante o curso e agradeceron ás familias o seu apoio constante ao longo da actividade deportiva.

0.11718583106995