As escolas de teatro e pandeireta de Pereiro de Aguiar organizan dúas xornadas de portas abertas

As escolas culturais de Pereiro de Aguiar celebrarán esta semana dúas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as súas actividades e facilitar que novas persoas poidan incorporarse ás clases de teatro e pandeireta galega.
A primeira cita será este mércores, 23 de setembro, ás 19.30 horas no Auditorio Os Gozos, onde terá lugar a xornada aberta da Escola de Pandeireta Galega.
Ao día seguinte, xoves 24 de setembro, ás 19.00 horas, será a quenda da Aula de Teatro de Pereiro de Aguiar, tamén no Auditorio Os Gozos.
As persoas interesadas en formar parte dalgunha destas propostas poderán achegarse ás xornadas para coñecer o funcionamento das actividades e os horarios.