As Cavarcas organiza en Rubián un obradoiro de sobremesas saudables para Nadal

SarriaXa | RibeiraSacraXa
A actividade, que chega á súa terceira edición, será impartida por Isabel Mourín e contará cun máximo de 12 prazas
doces-Nadal-recurso
26 Nov 2026

A asociación cultural As Cavarcas, do Incio, celebrará o próximo sábado 28 de novembro un obradoiro de cociña en Rubián, no concello de Bóveda, para aprender a elaborar sobremesas saudables de cara ao Nadal. A actividade estará impartida por Isabel Mourín, especialista en cociña saudable, e contará cun máximo de 12 participantes.

Esta será a terceira edición da iniciativa, que nas convocatorias anteriores rexistrou unha boa participación e unha valoración positiva por parte das persoas asistentes. Para participar non será necesario levar ningún material, só interese e ganas de aprender.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o venres pola tarde enviando unha mensaxe por WhatsApp ao número 659 061 819. A asociación anima a veciñanza a participar e agradece a difusión da convocatoria.

0.16185593605042