Arredor de 1.400 alumnos mellorar o seu nivel de inglés en Carballedo

Arredor de 1.400 estudantes desde 5º de Primaria ata 2º da ESO participan este curso no programa da SpringWeek, unha iniciativa da Xunta de Galicia que se desenvolve en quendas semanais entre marzo e maio no Centro Residencial dos Peares, no concello de Carballedo. A iniciativa combina formación académica con actividades lúdicas en inglés e favorecendo a convivencia entre mozos de distintos puntos de Galicia.
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou este mércores ao alumnado participante desta semana, 175 alumnos de 1º da ESO procedentes de centros educativos de Burela, Trazo, Meis, Ribadavia, Lalín e Cambre.
Durante a visita, a representante da Consellería coñeceu de primeira man o funcionamento deste campamento de inmersión lingüística e salientou que programas como SpringWeek “permiten aos estudantes mellorar o seu nivel de inglés dun xeito natural, a través da convivencia e da práctica en situacións reais”.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional destacou tamén que esta iniciativa “garante a igualdade de oportunidades ao ser totalmente gratuíta para as familias” e puxo en valor “a importancia de fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras desde idades temperás”.