Arranca este fin de semana un mes cheo de actividade para os grupos de montaña da provincia

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Presentaron un calendario que se inicia este sábado e que conta o domingo con tres rutas
Ruta da Cubela, Ribas de Sil
30 Nov 2024

Os Grupos de Montaña Lucenses e do Occidente Astur presentan a súa programación anual de rutas para este mes de decembro, unha proposta que combina natureza, deporte e cultura ao longo de rutas por espectaculares paisaxes da Ribeira Sacra, A Mariña, Terra Chá e máis.

A programación arranca este sábado 30 de novembro coa Fragas e miradoiros do río Navea, na Ribeira Sacra (16 km), organizada por Surbia Natura. E o domingo 1 de decembro están previstas tres rutas, a Senda costeira por Coaña e O Franco (14 km, GM Tapia), a Ruta por Vilalba (14,5 km, de Peña Furada) e a ruta do Morgallón-Río Sor, na Mariña, a cargo de Estoupo, que conta con dez quilómetros.

O programa, que se centra nas fins de semana e festivos, tamén inclúe rutas emblemáticas como os beléns de cumios, que terán lugar en diferentes puntos aínda por confirmar, ou a travesía Alto Portelo-Balboa nos Ancares (21 de decembro). A programación remata cunha ruta especial o 31 de decembro: a circular PR G-98 por Parada de Sil, na Ribeira Sacra, cun percorrido de 18 km organizada polo Cordal.

Algunhas rutas inclúen opcións de pernocta, xantar conxunto ou están pendentes de confirmación. Este calendario reúne 17 grupos de montaña, incluíndo Peña Tallada, Pasada Cabras, GM Tapia, Roteiros de Pol, entre outros, que organizan actividades para todos os niveis e idades.

programacion-de-rutas-lugo-occidente-astur
0.13203883171082