Antía Pousa presenta na Pobra de Trives o seu primeiro libro, “Respirar tamén conta”

RibeiraSacraXa
A autora, natural de A Pobra de Trives, dará a coñecer esta tarde no Auditorio Julio Vázquez unha obra marcada pola vida, os coidados e os sentimentos
respirar-tamen-conta-trives
29 Aug 2026

O Auditorio Julio Vázquez de A Pobra de Trives acolle este sábado ás 19.00 horas, a presentación de “Respirar también cuenta”, o primeiro libro da moza trivense Antía Pousa.

A obra nace desde a sensibilidade e a partir de experiencias persoais que deixaron pegada na autora, e aborda cuestións relacionadas coa vida, os coidados, os sentimentos e a importancia do acompañamento.

A presentación supón tamén unha oportunidade para poñer en valor o talento local e acompañar a Antía Pousa nun momento especial, coa publicación dunha obra que agora poderá compartir coa veciñanza e co público.

A cita terá lugar no Auditorio Julio Vázquez de Trives e está prevista para as 19.00 horas do sábado 29 de agosto.

0.17008090019226