Antía Fernández impartirá en Folgoso do Courel unha formación para coidadores de persoas dependentes

RibeiraSacraXa
Antía Fernández impartirá en Folgoso do Courel unha formación para coidadores de persoas dependentes en abril
concello folgoso courel
concello folgoso courel
8 Abr 2023

O Concello de Folgoso do Courel organiza unha xornada formativa de ergonomía no paciente encamado de forma gratuíta.

Esta actividade está dirixida a profesionais e familiares coidadores de pacientes en situación de dependencia que estean empadroadas no Concello.

Terá dúas datas: a primeira o día 15 de abril en Folgoso e o día 16 en Seoane e celebraranse de 10.00 a 14.00 horas.

Impartidas pola fisioterapeuta Antía Fernández, acollerá de máximo unhas 10 persoas por día. Para máis información e inscrición, as persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 982 43 30 01.

Ergonomía de paciente encamado
0.14185690879822