Antía Fernández impartirá en Folgoso do Courel unha formación para coidadores de persoas dependentes

O Concello de Folgoso do Courel organiza unha xornada formativa de ergonomía no paciente encamado de forma gratuíta.
Esta actividade está dirixida a profesionais e familiares coidadores de pacientes en situación de dependencia que estean empadroadas no Concello.
Terá dúas datas: a primeira o día 15 de abril en Folgoso e o día 16 en Seoane e celebraranse de 10.00 a 14.00 horas.
Impartidas pola fisioterapeuta Antía Fernández, acollerá de máximo unhas 10 persoas por día. Para máis información e inscrición, as persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 982 43 30 01.
